USC. Escala Auxiliar. Publicados criterios de Valoración y corrección del primer ejercicio de gallego que se realizará el próximo 29 de abril de 2022.

Escala Auxiliar Acuerdo de Tribunal Calificador C2
O Tribunal Cualificador do proceso selectivo para o acceso á escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela en sesión celebrada o día 8 de abril de 2022, ACORDOU:
Facer públicos os CRITERIOS DE CORRECCIÓN das probas correspondentes ao primeiro exercicio (coñecemento de idioma galego) que se celebrarán o vindeiro día 29 de abril de 2022 (Convocado en Resolución publicada DOG nº 62, de 30 de marzo de 2022):

Publicación de los criterios de corrección y realización de la primera prueba de lengua gallega.

A proba de galego consta de dúas partes, unha parte escrita e outra oral.
Os criterios seguidos para avaliar cada unha destas partes son os seguintes:

Proba escrita
Avaliarase a ADECUACIÓN, terase en conta que se resolva a actividade en termos xerais, que se
cumpra coa extensión requirida e se traten os puntos esixidos na tarefa cunha información adecuada. Valorarase que o formato textual e o rexistro sexan os adecuados.
Avaliarase a COHESIÓN e a COHERENCIA, que se presente a información organizada, que se faga un uso correcto e variado dos conectores e que se usen de xeito correcto os signos de puntuación.
Avaliarase a GRAMÁTICA, que non haxa erros morfolóxicos, sintácticos ou ortográficos.
Avaliarase o LÉXICO, isto é, a variedade e riqueza léxica, a corrección, precisión e amplitude do vocabulario empregado.
Proba oral
Avaliarase a ADECUACIÓN, que se resolva a actividade en termos xerais, que a produción se adapte á finalidade do acto comunicativo e ao contexto, e que o rexistro empregado sexa o adecuado.
Avaliarase a INTERACCIÓN, que se empreguen estratexias de colaboración co interlocutor e que se faga uso da quenda de palabra con naturalidade.
Avaliarase a COHESIÓN e FLUIDEZ, que se presente a información ben organizada e as ideas ben enlazadas, do xeito máis fluído posible.