Xunta de Galicia. Criterios corrección y valoración segundo ejercicio Administrativo C1 acceso libre.

Xunta de Galicia.
Criterios corrección y valoración segundo ejercicio Administrativo C1 acceso libre.

Se publica en la Web de Función Pública de la Xunta la nota informativa que podéis leer desde este enlace.

Os resumimos los puntos más importantes:

CUESTIÓNS XERAIS ESTABLECIDAS NAS BASES DA CONVOCATORIA
As persoas aspirantes deberán resolver por escrito dous supostos de carácter práctico sobre os temas do bloque II do programa indicados no anexo I, cun total de sesenta (60) preguntas tipo test, con trinta (30) preguntas cada cada un dos supostos.
Cada suposto do exercicio disporá de tres (3) preguntas de reserva.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha delas será a correcta.
As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento vinte (120) minutos.
O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas esixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que cada resposta
incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

DETERMINACIÓN DE SUPERACIÓN DA PROBA E NÚMERO DE APROBADOS
En virtude desta facultade de determinación do criterio de superación do exercicio, o Tribunal acordou que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións no conxunto de todas as quendas, ata completar o número máximo de trescentas sesenta e cinco (365), sempre que respondesen correctamente como mínimo a vinte
e nove (29) das preguntas do suposto práctico consideradas válidas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas).
As preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán
puntuación.
Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte consideraranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado (365).
Asignarase a valoración de 15 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada.
O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.
Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda as persoas aspirantes declaradas non aptas.