Convocatoria pruebas CELGA. Publicadas las fechas y sedes de realización de estas pruebas.

Se publica en la Web del Eido Local la información relativa a la convocatoria de las pruebas para la obtención del título de CELGA.

Os exames para obter o Celga 4 serán os días 13 e 14 de maio, para os Celga 3 e 2 o 20 e 21 do mesmo mes, respectivamente, e para o Celga 1, o 3 de xuño

En Santiago terán lugar no IES Antonio Fraguas Fraguas para os niveis 2, 3 e 4 e na EGAP para o 1, mentres que en Ponferrada serán todos na Escola Oficial de Idiomas

As portas de acceso, a aula asignada así como o resto de información poderá consultarse no Portal da Lingua Galega.

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia as datas das probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, que terán lugar simultaneamente nas dúas sedes habituais, Santiago de Compostela e Ponferrada (León), entre o 13 de maio e o 3 de xuño.

Os exames para obter o Celga 4 serán o sábado 13 de maio para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido comece por algunha das letras comprendidas entre o ‘v’ e o ‘g’, e o 14 de maio para o resto de aspirantes. As demais probas terán lugar para todas as persoas admitidas, independentemente do seu apelido, o 20 de maio para o Celga 3, o 21 de maio para o Celga 2 e o 3 de xuño para o Celga 1.

Respecto ao lugar de realización, en Santiago serán, para os niveis 2, 3 e 4, no instituto IES Antonio Fraguas Fraguas, mentres que o Celga 1, que só se avalía en Compostela, terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Pola súa parte, a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada acollerá o total das probas convocadas en León.

A proba escrita, a primeira delas, comezará ás 9,00 h., polo que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lles corresponda con antelación suficiente. A porta de acceso ao centro mais a aula asignada a cada persoa para a realización da dita proba poderá consultarse a mesma semana do exame no Portal da Lingua Galega.

Respecto da proba oral, esta terá lugar o mesmo día que a escrita. A hora concreta na que cada persoa deberá estar presente no lugar establecido para o chamamento publicarase no centro correspondente, así como no Portal da Lingua Galega, unha vez que remate a proba escrita. A resolución completa pode consultarse no Portal da lingua galega